Ribeira exhibe os gañadores e finalistas do XV premio Luis Ksado de creación fotográfica

04 Setembro 2020

Dende este venres e ata o vindeiro 26 de setembro o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira colle a exposición itinerante do Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica na súa décimo quinta edición: unha convocatoria promovida pola Deputación da Coruña na que resultaron galardoados ex aequo Javier Arcenillas, coa serie “Gangborder”, e Alejandro Real, con “Fillos de Breogán”.

Ademais, exhíbense as series fotográficas correspondentes a outros catro finalistas: Carlos López (Calrús) con “A epifanía etíope”, Juan Medina con “Nuestra memoria”, Fuco Reyes con “Un breve momento de locura” e Rosa Taboada con “Los paraísos artificiales”.

Inauguración

A concelleira de Cultura María Sampedro foi a encargada de proceder á inauguración da mostra nun acto na que, entre outros asistentes, estiveron presentes os edís da Corporación como Xosé Manuel Vilas, Xosé Antonio Vázquez Cobas e Ana Ruiz.

A concelleira de Cultura María Sampedro

En “Gangborder”, Javier Arcenillas retrata a violencia —e tamén a humanidade— que rodea ás maras salvadoreñas, mentres que “Fillos de Breogán” constitúe unha viaxe ao pasado que inmortaliza rostros de persoas anónimas de Galicia cuns trazos característicos dos pobos do centro e o norte de Europa.

A exposición poderá ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 e de 19 a 21 horas. A entrada é gratuíta e estará limitada a un aforo máximo de 25 persoas. O uso da mascarillas é obrigatoria.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.