Ribeira celebra a súa Patrona Santa Uxía

12 Setembro 2020

Cun día magnÍfico a Parroquia de Santa Uxía de Ribeira celebrou a mañá deste sábado a festa relixiosa da súa Patrona.

Centos de fieis encheron a explanada do adro da Igrexa parroquial e da Praza da Porta do Sol, cumprindo as estrictas normas sanitarias de separación entre os fieis asistentes pola pandemia.

A cerimonia relixiosa estivo presidente polo párroco, Alfonso Mera a quen acompañaron como concelebrantes sacedotes de distintas parroquias do arciprestazgo. Durante a misa actuou o Coro Parroquial e a Banda de gaitas Os Castros de Ames. Asistiron representacións do mundo da política e da vida económica e social da capital do Barbanza, encabezado polo alcalde Manuel Ruíz e tamén de distintas áreas locais.

Imaxe procesional de Santa Uxía realizada polo escultor compostelán Maximino Magariños a principios do século XX

Fotos Beatriz Martínez del Campo y Ricoy

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.