Ribeira abre o prazo de preinscrición para seis obradoiros da 3ra idade

01 Setembro 2020

O Concello de Ribeira informa da apertura no día de hoxe dunha preinscrición para o Programa de Dinamización e Promoción das Persoas Maiores: obradoiros para a terceira idade organizados dende a Concellería de Servizos Sociais en colaboración coas áreas de Deportes e
Educación.
Seis son os obradoiros gratuítos ofertados: Aula Sociocultural para
Maiores (Estimulación da mente – memoria), Enriquecemento
educativo (Reforzo), Lingua e Cultura Galega, Artes Plásticas, Saídas
de Sendeirismo e Ximnasia Adaptada.
Protocolos covid
En todos os casos aplicaranse protocolos covid, o que implicará a
celebración de sesións máis curtas con grupos máis reducidos que en
edicións anteriores, potenciando a realización de traballos nos
domicilios.
O prazo para anotarse prolongarase durante todo o mes de setembro.
As persoas interesadas poden formalizar a preinscrición na Oficina de
Atención Cidadá situada no primeiro andar do consistorio. O inicio das
clases está programado para mediados do mes de outubro.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.