Récord de contaxiados e de positivos na área de Santiago- Barbanza- Cee. En Galicia hai cinco novas vitimas e son xa 694 os mortos

15 Setembro 2020

Na área sanitaria Santiago- Barbanza Cee suben a 673 os casos activos, 33 mais que onte. Sen embargo entre as altas rexistradas e os novos positivos son 77 os pacientes novos, case todos na zona de Cee, se ben sanidade non infromaou de ningún novo brote de momento.

Hai 31 hospitalizados no Hospital Clínico de Santiago, tres menos que onte e hai 2 deles nunha Unidade de Críticos.
En canto ós pacientes curados hai 2.507 e realizaronse 61.621 PCR.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.301 deles 1.246 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 552 da de Pontevedra, 373 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 182 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 220 en unidades de hospitalización e 4.051 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.651 persoas curadas, rexistrándose 694 falecementos. Cinco mais que onte. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 86 anos, que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 401.119.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

Dicirmos que hai diverxencia entre o sector pesqueiro e os gobernos (autonómico e/ou central) non é descubrir, arestora, o Atlántico. Resulta tan evidente ese desencontro, que só a desunión permanente no eido da pesca marítima explica que o sector, en Galicia e as...