Raquel Queizás recala o día 10 na Pobra co espectáculo Cinema Marabillas. Ver para ler

04 Setembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da biblioteca municipal Victoriano García Martí, organiza un espectáculo audiovisual dirixido ás crianzas. Neste senso, Raquel Queizás chega co espectáculo Cinema Marabillas. Ver para ler no xoves 10, ás 18.00 horas, no Elma.
As persoas asistentes poderán gozar de diferentes adaptacións ao cine
dalgunhas das personaxes máis coñecidas da literatura infantil e xuvenil,
establecendo un nexo de unión entre o mundo das letras e o audiovisual.
A actividade conta dunha duración de ao redor de 50 minutos e está
especialmente dirixida a cativos e cativas a partir dos 5 anos.
Debido á situación sanitaria xerada pola COVID-19, a proxección realizarase no Elma e será obrigatorio o uso da máscara.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.