Quico Cadaval, Excéntricas e a FIOT levan a Rianxo a súa nova revisitación de Shakespeare: Medida x Medida

14 Setembro 2020

O vindeiro 26 de setembro o dramaturgo e actor Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) e máis o seu equipo de Excéntricas estarán no Auditorio de Rianxo para achegar unha nova representación do espectáculo Medida x Medida, baixo a dirección de Cadaval e protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay e Bernardo Martínez.

A cita teatral será na Sala Arcos Moldes o sábado 26 ás 20.30 horas. A entrada será de balde con reserva previa. Esta pode facerse até o 25 de setembro a través do correo auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217.

O espectáculo Medida x medida xorde directamente dunha destacada unión de forzas: a da compañía Excéntricas e ao do FIOT (o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo). Trátase dunha adaptación da obra de William Shakespeare do mesmo nome, elaborada por Quico Cadaval (que ten ás súas costas certa experiencia en deconstrución e reconstrución arredor da obra do escritor inglés, por exemplo a través da obra Shakespeare para ignorantes). Sobre Medida x Medida comentou o dramaturgo e contador carreirán nunha entrevista recente: “Durante 300 anos discutiuse se o texto era unha comedia, un drama, un melodrama ou unha traxedia, e ese carácter onde o horror e o riso se mesturan pois é unha cousa que nos interesou a min persoalmente pero tamén á boa parte da compañía”. Segundo engadiu, a montaxe de Excéntricas achéganos “un Shakespeare máis canónico, afastado daquel Shakespeare para ignorantes que fixemos hai anos”.

Outros artigos

Renovada a estrada de acceso á igrexa e ao hórreo de Araño

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, informou da conclusión da primeira fase do proxecto de renovación do firme da estrada de acceso á igrexa e ao hórreo do Araño dende a AC-305. Os traballos consistiron fundamentalmente na limpeza previa do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.