Pechado na Pobra un restaurante por un positivo da COVID-19. Elevanse a 17 os casos na vila cos contaxios da pasada semana

01 Setembro 2020

Un restaurante da Pobra pechou as súas portas despois de que unha traballadora dese onte positivo en coronavirus. A moza xa se atopaba en corentena desde o pasado xoves e contaxiouse por un familiar que resultara afectado no brote detectado hai unhas semanas nunha empresa da Pobra.

A principios da fin de semana a traballadora comezou a ter síntomas compatibles co coronavirus, polo que o domingo practicóuselle unha PCR, que confirmou que tiña o virus.
Desde o restaurante puxéronse en contacto coa Consellería de Sanidade que xa estableceu os protocolos para seguir, poñendo en corentena ás 12 persoas que forman parte do persoal. Fontes do restaurante dixo que os clientes que estiveron no establecemento nos últimos días non teñen que seguir ningún tipo de protocolo específico, xa que a Consellería non os considera de contacto directo. Co positivo desta traballadora son xa 17 as persoas afectadas na Pobra, das que nove serían traballadoras dunha empresa e o resto familiares directos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.