Os socialistas de Ribeira súmanse ás mobilizacións do Día contra Explotación Sexual

22 Setembro 2020

O PSdG-PSOE de Ribeira vén de comunicar a súa adhesión ás mobilizacións do Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trata de Mulleres, Nenas e Nenos, que se celebra este 23 de setembro para visualizar e combater, en palabras dos socialistas ribeirenses, “unha práctica estendida por todo o mundo que manifesta a desigualdade que sofren as mulleres e da súa pobreza na nosa sociedade”. Segundo recordan no seu manifesto, “a trata de mulleres e de nenas con fins de explotación sexual é un dos máis terríbeis negocios do mundo, se non o maior”.

No seu comunicado, o PSOE reflicte datos de Nacións Unidas e da Unión Europea que certifican “que as mulleres e as nenas representan o 71% das vítimas de trata detectadas en todo o mundo e o 80 % das identificadas en Europa occidental”. Amais, denuncian, o 95% delas acaban explotadas para a prostitución.

Os socialistas de Ribeira, por todo o devandito e por outras moitas cifras dramáticas (por exemplo o feito que a pandemia non faga máis que agravar estes grandes problemas), adhírense ao chamamento de Nacións Unidas para que a resposta á COVID-19 e a recuperación posterior a nivel mundial asignen un lugar prioritario á dignidade humana e os dereitos humanos: “Debemos redobrar os esforzos para protexer ás vítimas da trata e evitar que as persoas vulnerábeis sexan explotadas, e tamén queremos recoñecer o traballo de organizacións e colectivos que seguen prestando servizos vitais durante a crise, localizando ás vítimas e axudándoas a ter acceso á xustiza, a saúde e a asistencia e protección sociais, e evitando que se produzan máis actos de abuso e explotación”.

A agrupación fai saber que “as e os socialistas traballaremos para abolir a prostitución e erradicar a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, defender a dignidade das mulleres e rematar coas redes e as mafias que se lucran explotando ás mulleres, nenas e nenos”.

Este, sinalan, é o xermolo da Lei integral contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual e contra a prostitución na que leva traballando o Goberno central dende hai uns meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

Non á guerra, debe ser algo máis que un slogan ou unha apostila electoral. Os gobernantes, responsables políticos, institucións e organismos internacionais así como a propia cidadanía temos que ser conscientes de que queremos un mundo en paz, libre de guerras e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.