Os MIR adscritos á Barbanza realizan a formación no Hospital de Oleiros e nos centros de Saúde de Ribeira e Boiro

30 Setembro 2020

O Hospital da Barbanza e 2 centros de saúde da bisbarra o de Ribeira e o de Boiro- acollen, dende onte e por primeira vez, aos residentes de Atención Familiar e Comunitaria adscritos ao Barbanza. Ata o de agora, o único centro de saúde acreditado era o de Porto do Son e as rotacións no ámbito hospitalario, realizábanse exclusivamente en Santiago.
Onte incorporáronse catro médicos que rotarán nestes 3 centros de saúde e no hospital de Oleiros durante 4 anos, tempo que dura o período de formación dos residentes desta especialidade.
Foron recibidos este martes nun acto celebrado no hospital ao que asistiron o director do distrito sanitario da Barbanza, Salvador Mariño-Ageitos; a subdirectora de enfermaría da Barbanza, Isabel Dieste; o subdirector asistencial da área sanitaria Santiago e Barbanza, Manuel Portela e o o Xefe de Estudos da Unidade Docente de Medicina de Familia e Comunitaria, Sergio Cinza. Dende agora e cada ano incorporaranse entre 4 e 6 residentes na Barbanza. Ata o de agora o único centro de saúde acreditado era o de Porto do Son e a rotación hospitalaria realizábase en Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...