Os IES de Boiro, incluídos no plan autonómico de mellora das bibliotecas

01 Setembro 2020

E-learning class and e-book digital technology in education concept with pc computer notebook open in blur school library or classroom background among old stacks of book, textbook archive collection

A Consellería de Educación incluíu as bibliotecas do IES Espiñeira de Boiro e o IES Plurilingüe A Cachada na actual convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2020/21. A través desta convocatoria, incorpóranse a este programa un total de 9 unidades da provincia da Coruña, entre os que se inclúen os devanditos centros boirenses.

En total formarán parte do PLAMBE este curso un total de 705 centros públicos de toda Galicia. Na provincia da Coruña serán 260 centros públicos os que participen nesta iniciativa.

A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700‬ €.

As asignacións para as novas incorporacións, entre as que se sitúan as de Boiro, estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.

Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerías da zona de referencia do centro, e que deberán incluír materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.). Así mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario específico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.