O prazo para presentar proxectos emprendedores ao Lab Barbanza estará aberto até este venres 18

15 Setembro 2020

O Concello de Boiro informou este martes da dispoñibilidade de prazas para tirar proveito do impulso ao emprendemento do programa Emprende Lab Barbanza, que está a converter en realidade o Goberno local con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e a colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE). O prazo de inscrición de proxectos acelerábeis está aberto ata este venres 18 de setembro. Toda a información sobre o programa e bases podemos vela na web do laboratorio boirense, www.labbarbanza.gal.

O programa de formación–aceleración Emprende Lab Barbanza vai acoller 20 proxectos na fase inicial e ten como obxectivo impulsar e fortalecer o ecosistema emprendedor actual da nosa comarca con “novas empresas baseadas no talento, a innovación e o rápido crecemento”, informou o Concello, engadindo que “para dinamizar e apoiar o lanzamento e crecemento de proxectos empresariais, vanse ofrecer un conxunto de servizos como obradoiros de formación teórico-práctica e sesións de mentoring individuais”.

O laboratorio de traballo colaborativo (coworking) acubillará 20 propostas na súa fase inicial, para a que aínda quedan prazas dispoñíbeis, dos cales 10 pasarán á fase de aceleración. O programa está destinado a novas empresas e tamén a empresas xa constituídas que buscan ampliar as súas liñas de traballo ou negocio.

Podemos enviar a nosa proposta e inscribirnos no proxecto de formación-aceleración Emprende Lab Barbanza a través do enderezo electrónico info@labbarbanza.gal e acceder a toda a información e bases na web www.labbarbanza.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...