O novo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visita o Concello de Porto do Son

25 Setembro 2020

O novo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, realizou esta mañá a primeira visita institucional ao alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, tras a toma posesión o pasado luns. No encontro repasaron os proxectos que ten
actualmente en marcha a Xunta en Porto do Son e as necesidades derivadas do Covid-19 nos distintos servizos públicos do concello. Ademais, interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor.

O novo delegado territorial da Xunta, Gonzalo
Trenor, realizou esta mañá a primeira visita institucional ao alcalde de Porto do Son, José
Luis Oujo,

No que respecta ás obras ambos representantes públicos puxeron en valor o importante investimento que se está realizando por parte da Consellería do Mar de máis de catro millóns de euros para levar a cabo a remodelación integral do bordo portuario de Porto do Son que favorecerán a integración do porto na vila facendo toda a esta zona máis atractiva.
Ademais, destacaron o gran avance que supuxo a mellora da zona de atraque do porto cun investimento de 500.000 euros.
Os dous representantes públicos tamén coincidiron nos problemas que está xerando a decisión do Goberno Central de eliminar máis de 100 millóns de euros dos orzamentos destinados a emprego para a nosa Comunidade Autónoma, o que está provocando que non se poidan iniciar os obradoiros de emprego que tan necesarios son para os concellos nestes momentos tan complicados.-
Do mesmo xeito, o delegado territorial e Jose Luis Oujo analizaron a situación sanitaria no concello de Porto do Son. Neste senso, o delegado territorial lembrou a creación dos comités clínico e educativo que contan con mecanismos de asesoramento, decisión e avaliación para loitar contra o coronavirus en coordinación permanente cos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...