O Goberno da Pobra tende pontes de diálogo e participación coa asemblea local do BNG

29 Setembro 2020

O Goberno municipal da Pobra de Caramiñal emitiu este martes 29 un comunicado oficial a respecto da sesión plenaria extraordinaria do pasado 1 de outubro e co ánimo de “retomar as conversas de cara a un acordo de goberno”.

Este é o comunicado da executiva do Concello, no que se reflicte a súa vontade de facer fronte común coas fileiras do BNG local:

“Consideramos que a convocatoria e celebración da sesión plenaria extraordinaria do pasado 1 de outubro, na que se aprobou a dedicación exclusiva da concellería de Servizos Municipais e a contratación dun posto de persoal eventual, foi un erro que supuxo a ruptura das xa moi avanzadas conversas entre as dúas asembleas. A maioría circunstancial empregada, aínda que legal, non representaba o sentir democrático expresado nas urnas pola veciñanza da Pobra.

Por todo isto, recoñecendo dito erro, amosamos a nosa intención de comezar de forma urxente e partindo de cero as negociacións coa asemblea local do BNG, co obxectivo de chegar a un acordo para a participación do BNG no Goberno municipal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...