O forte vento na Ría de Arousa obrigou a aprazar a 12ª volta a Ons

O vento de NE con refachos de ata 40 nós fixo que a decisión de aprazar fose unánime entre organización e participantes.
Corrían as 11:00 a.m. cando o Comité de Regatas do CN Arousa Norte decretaba aprazamento indefinido en terra. A organización buscaba postponer o pistoletazo de saída uns instantes en busca dunha baixada de vento que nunca chegou.

Cedida

Tres horas máis tarde tomábase a decisión.
Nos próximos días buscarase unha nova data que seguirá contando con todo o apoio das empresas locais Atlantic Dental Institute e Clínica Lopez Castro.