O espectáculo Titiricircus, de Tanxarina Teatro, chega este domingo a Lousame

08 Setembro 2020

A praza do Concello de Lousame acollerá este domingo 13 de setembro, ás 19:00 horas, a posta en escena de Titiricircus, un espectáculo familiar de monicreques de Tanxarina Teatro. Trátase dunha iniciativa de balde organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Segundo informa o Concello, Titiricircus é a obra máis representativa de Tanxarina Teatro, con máis de 1.200 representacións ás súas costas. Durante unha hora, Eduardo Rodríguez e Miguel Borines poranse na pel de dous vellos traballadores do circo que lembran, a través de monicreques con fíos, as glorias do seu pasado na pista.

A actuación terá lugar seguindo todos os protocolos de seguridade sinalados polas autoridades sanitarias, mantendo a distancia de seguridade entre os asistentes, que deberán asistir provistos das correspondentes máscaras.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.