O curso de impresión en 3D da Pobra esgota as prazas en tempo récord

02 Setembro 2020

Finalmente as prazas para o Curso de Deseño e Impresión 3D que organiza o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría da Mocidade e Tecelán, foron esgotadas en tempo récord, o que demostra novamente o interese que xeran as novas tecnoloxías dixitais, na súa vertente máis creativa, para ampliar coñecementos e reforzas currículos. En concerto, as vacantes esgotáronse en menos de vinte e catro horas as dez prazas ofertadas. A proposta publicouse no luns desta semana e na mañá de onte xa estaba completa a ocupación.

A acción formativa, destinada para tódalas idades, desenvolverase no Fab Lab da Casa da Mocidade os días 5, 12 e 19 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O Concello informou de que “en vista do resultado”, estase avaliando a posibilidade de ampliar a oferta con novas edicións en datas próximas. En consecuencia, as persoas interesadas poden continuar anotándose de balde a través do teléfono de contacto 981843281 ou dos enderezos electrónicos alcaldia@apobra.gal e correo@apobra.gal. Deste xeito, seguirase configurando unha listaxe de participantes para o próximo curso e, unha vez se establezan os días, comunicar a dita información ás persoas inscritas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.