Os centros da Pobra inician o curso con protocolos específicos nos servizos de conciliación e limpeza

10 Setembro 2020

Os centros educativos da Pobra do Caramiñal iniciaron hoxe o curso cuns protocolos específicos axustados ás necesidades e realidades de cada un para os servizos de conciliación (Madruga e comedor) e de limpeza. Estes documentos foron elaborados en conxunto por parte do Concello, as ANPA e os equipos directivos dos colexios nas semanas previas ao comezo do ano académico implantado en Galicia.

Seguindo este fío, na tarde de onte trasladouse ás monitoras de comedor e ao persoal da limpeza cales son as normas para seguir dentro do desenvolvemento do seu traballo en cumprimento do establecido en materia de seguridade e sanidade por mor da COVID-19.

En liñas xerais, as monitoras de comedor deberán asegurarse de ventilar o espazo o maior tempo posíbel dependendo das condicións climáticas, ademais de garantir a distancia de seguridade de 1,5 metros entre os escolares, ao que cómpre engadir unha vixilancia extra en materia de desinfección, aplicábel tanto ao persoal como ás crianzas.

Polo que respecta ás persoas usuarias, deberán ocupar sempre o mesmo asento, podendo manterse a unidade familiar no comedor. Nos protocolos dos centros da Pobra tamén se especifica que “unha vez remate o xantar, os nenos e nenas deberán ficar no seu sitio, potenciando as monitoras actividades de carácter individual para o cal se poderán empregar, por exemplo, as tabletas adquiridas pola Administración local ao entender que é unha boa maneira de mantelos cun entretemento ao tempo que socializan con xogos dixitais mantendo a distancia”.

Asemade, establécese unha entrada e saída controlada en varias quendas, permanecendo as familias fóra do recinto escolar.

No que respecta á sinalización, indicarase o uso obrigatorio da máscara, a desinfección das mans e a distancia de seguridade.

As disposicións tamén fan saber que no “caso dun posíbel contaxio”, se hai síntomas de infección “levarase o neno ou nena a un espazo separado de uso individual, con máscara cirúrxica (tanto a crianza coma a persoa ao seu cargo), e efectuarase a comunicación á familia, para dar conta ao centro de saúde ao SERGAS”.

De presentar síntomas moi graves ou dificultade respiratoria, chamarase tamén ao 061 (o mesmo acontecerá se quen presenta a infección é o traballador ou traballadora).

O Concello porá á disposición unha máscara cirúrxica diaria por cada monitora, máscaras FPP2 na botica de primeiros auxilios por se alguén presenta sintomatoloxía propia do coronavirus e un dispensador de xel hidroalcohólico no propio comedor.

Cómpre indicar que todas estas disposicións tamén se aplican para as persoas empregadas no Servizo de Madruga.

Por outra banda, a brigada de limpeza incrementará as horas de limpeza e desinfección: será “unha constante diaria” a aplicación de virucidas no chan, zonas de contacto, aseos, aulas con cambios de alumnado (ximnasio, aula de estudo, comedor etcétera), ventilación, etc, ao que compre engadir unha desinfección diaria das mesas e cadeiras, así como coa retirada de bolsas das papeleiras interiores e exteriores.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...