O Concello de Rianxo e os clubs deportivos inician unha campaña en apoio do comercio local

11 Setembro 2020

A Concellería de Deportes do Concello de Rianxo vai pór en marcha entre os clubs locais unha campaña de apoio aos seus patrocinadores e, “por extensión”, ao comercio e industria locais. A iniciativa, que está a coller corpo baixo o lema En liña pola vitoria, grazas a ti – Mercando no comercio, contou dende o primeiro intre co apoio das entidades deportivas locais, segundo salientou o Concello, xa que lles permite “devolver dalgún xeito o apoio que reciben das empresas, sen o cal sería moi difícil que levasen a cabo súa actividade deportiva”.

O obxectivo é, en palabras do departamento de Deportes, “poñer un grao de area desde o deporte rianxeiro para fomentar o consumo local e que a poboación se conciencie de que ese apoio revirte na sociedade rianxeira a través, entre outros sectores, do deporte”.

O Concello tamén quere poñer o foco no feito de que todos os clubs rianxeiros participen nesta campaña, para a que se elaborou un vídeo a subir online con todas as modalidades deportivas e os seus patrocinadores principais. Tamén hai carteis e imaxes para compartir en redes sociais nas que se convida á cidadanía a que aposte polo comercio local a través das súas compras.

A campaña iniciarase mañá sábado, ás 12 h., nas redes sociais da Concellería de Deportes e de todos os clubs rianxeiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.