O Concello do Son organiza un novo curso de cociña para axudar ao fortalecemento do sector

23 Setembro 2020

O Concello de Porto do Son vai poñer en marcha este mes de outubro un Curso de Cociña centrado na elaboración de tapas e pinchos. A actividade formativa, que se vai desenvolver ao longo de 20 horas, insírese nas accións que se están a impulsar dende o Goberno local para a potenciación e revitalización do sector da hostalería, dando continuidade a outros cursos celebrados este mesmo ano, como por exemplo o de manipulación de alimentos (10 horas de formación) e o de alerxias e intolerancias alimentarias (30 horas de formación).

Dadas as características, contidos e obxectivos do curso, terán prioridade de acceso aquelas persoas que teñan relación directa con actividades de hostalería, restauración, comedores, ou actividades análogas.

Para poder participar, as persoas interesadas deben presentar a súa solicitude de participación na conta de correo jose.pazo@portodoson.gal (+ número de DNI e documentación acreditativa da vinculación co sector) entre os días 21 e 25 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.