O Concello de Noia reabre este luns a Piscina Municipal cunha estrita normativa específica

11 Setembro 2020

O Concello de Noia vén de confirmar que reabrirá as instalacións da Piscina Municipal este luns 14 de setembro, unhas dependencias que ficaban pechadas ao público por mor do Decreto Alarma e co fin de garantir a seguridade sanitaria da cidadanía. A concelleira de Deportes, Laura Salgado, explicou que “aproveitamos estes meses para facer traballos de mantemento e mellora para unha reapertura na que e aplicaremos unha normativa especial pola COVID, que deberá ser seguida estritamente polas persoas usuarias das instalacións xa que o seu incumprimento implicará a expulsión e unha sanción de acordo ao regulamento”.

A Piscina Municipal de Noia abrirá este luns cun novo horario: de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas, de luns a venres; de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas os sábados; e de 10:00 a 14:00 horas os domingos.

O Concello engadiu que, como medida complementaria de seguridade, vaise habilitar un control na entrada das instalacións onde se comprobará a temperatura de todos os usuarios e usuarias que, de superar o 37 grados, terán prohibido acceder ao recinto. “O acceso estará condicionado polo aforo máximo permitido nese momento”, apuntou o Goberno local, engadindo que todas as persoas que desexen acceder ás instalacións deberán utilizar máscara de maneira obrigatoria e manter a distancia de seguridade de 1,5 metros co resto das persoas usuarias. Así mesmo, no acceso ás instalacións deberán desinfectar as mans con xel hidroalcohólico e o calzado cunha alfombra disposta na entrada. Outra novidade é que as persoas que non sexan socias e accedan ás instalacións con entrada deberán deixar os seus datos persoais en recepción (nome, dirección e teléfono de contacto).

No caso dos vestiarios, o aforo máximo permitido é de 8 persoas no masculino e de 6 no feminino. O Concello de Noia recomenda “non facer uso das duchas, se ben haberá catro habilitadas, e evitar tocar os obxectos das demais persoas usuarias”. Porén, estará permitido o uso de armarios persoas e, en caso de non usalos, recoméndase non deixar os obxectos persoais en contacto cos dos demais usuarios. “Aqueles obxectos que se atopen abandonados nos vestiarios ao final do día non serán gardados, senón eliminados”, engadiu o Goberno local respecto dos estritos protocolos a seguir.

Outros artigos

Alarma de vertido no malecón de Gasset, en Noia

O Concello de Noia recibiu aviso na tarde deste venres 16 de xaneiro dun novo aviso de vertido na ría, concretamente un vertido de líquido cor verde aparecido na ría, a carón do malecón de Gasset. Ata alí desprazáronse o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.