O Concello de Boiro pon a punto as súas escolas da Galiña Azul

03 Setembro 2020

A concelleira de Política Social de Boiro, Marisa Collazo, visitou as instalacións da Galiña Azul do Saltiño para coñecer de primeira man as obras de mantemento que os operarios municipais están a realizar nas dependencias. A edil recoñeceu estar en contacto coas direccións das súas escolas Galiña Azul do termo municipal para ter coñecemento directo das súas necesidades de cara ao inicio inminente do curso escolar.

Segundo puido saber, os operarios están a realizar labores de pintado das aulas e zonas comúns, algúns arranxos de carpintería e outras tarefas de acondicionamento tanto interiores como exteriores. Estes traballos veñen da man do Concello de Boiro con fondos e persoal propio.

Marisa Collazo quixo visitar estes días as instalacións para reunirse co persoal do centro e, tamén, verificar o desenvolvemento dos protocolos e normas de seguridade para a prevención da COVID-19. “Desde a concellería de Política Social do Concello de Boiro seguimos traballando por manter as instalacións das que dispoñemos e seguimos traballando tamén na mellora de servizos para ampliar prazas e cubrir toda a demanda”, afirmou a concelleira.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.