O Concello da Pobra perfila os detalles dun plan de redución das emisións de CO2

11 Setembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal está a ultimar un plan para dar novos e importantes pasos en materia de emisións de CO2. O programa foi a base da xuntanza telemática mantida este mércores 9 de setembro entre o equipo de Goberno da Pobra, a técnica municipal da Área do Medio Ambiente e unha representante de Sicasoft Solutions, empresa encargada da asistencia técnica no referido ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), documento clave dentro do Pacto das Alcaldías, do que forma parte o Concello da Pobra.

A través do devandito plan, o Goberno local expón como acadará o compromiso asumido de lograr en 2030 unha redución do 40% das emisións do CO2 (e outros gases de efecto invernadoiro) no prazo de 10 anos. Para logralo, a estratexia pon o foco na implicación da cidadanía e das administracións públicas, co fin de “loitar contra o cambio climático con medidas pensadas, cuantificadas e reais”.

Con encontro virtual deste mércores quedou ultimado o referido plan, con tódalas accións de mitigación e adaptación xa definidas, ademais de se presentar uns orzamentos moi estimativos (baseados no custo de mercado e en accións semellantes desenvolvidas) cos cales financiar as intervencións que se pretenden. O Concello confirmou que o documento será presentado á oposición, con posibilidade de se producir algún cambio por petición súa. Posteriormente, este asunto será levado ao pleno para debater a súa aprobación.

Por outra banda, o Concello da Pobra do Caramiñal acaba de recibir a notificación de que resultou beneficiario dunha axuda de 6.000 euros (cantidade máxima á cal podía optar) por parte da Consellaría do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, contía destinada a sufraga-la asistencia técnica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.