O Concello da Pobra mellora as condicións de vida das colonias de gatos

02 Setembro 2020

O Concello da Pobra, a través da Concellaría de Benestar Animal, leva un tempo impulsando accións para asegurar o benestar dos animais, concretamente nas colonias locais de gatos, poñendo en xogo medidas para controlalas e mantelas nunhas axeitadas condicións sanitarias.

As actividades, que se están a levar a cabo en colaboración coa Protectora Moura e da Protección Civil, complementan a metodoloxía CES (captura, esterilización e solta) con labores de desparasitado e de revisión chequeo veterinario. Esta liña de traballo comezou hai un ano facendo fincapé nos grupos de gatos e gatas sen fogar e abordando un rexistro pormenorizado sobre as colonias.Unha das últimas intervencións consistiu na colocación de gaiolas con comedeiros e gateiras na praza da Treixadura e na rúa Condado, ademais de carteis informativos. Segundo informa o Concello, trátase dunha proba piloto que busca “nutrir adecuadamente os felinos mediante penso repartido por persoas pertencentes ao voluntariado”, e facelo ademais “de xeito ordenado”.

Ao mesmo tempo, a Concellería e a Protectora Moura contribúen a mellorar a salubridade dos lugares das colonias ao non depositarse residuos orgánicos para a alimentación dos gatos e gatas, unhas tarefas que deron “bo resultado” e que se prevé que teñan continuidade con máis gaiolas noutros puntos do termo municipal.

Outra das actuacións foi o fornecemento dun refuxio de madeira para felinos na praza da Treixadura, co obxectivo de achegar aos animais un acubillo alternativo aos baixos dos vehículos e aos portais das casas, ao mesmo tempo que se contribúe a mellorar a convivencia coa veciñanza. O Concello explica que o carpinteiro municipal encargouse da construción da caseta, polo cal tan só supuxo un custo de 150 euros correspondente ao material empregado.

Por outra banda, o Goberno local engadiu que se está a dotar de mobiliario a praia canina que comprende o último tramo dos Areos, en dirección ao Maño. Así, establecéronse papeleiras que conteñen dispensadores de bolsas para excrementos, unha fonte canina e un novo cartel informativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.