O Centro Cultural Lustres Rivas vai acoller a partir deste 2 de outubro unha exposición do artista Luis H. Hernández, nado en Barcelona e residente en Salamanca. A mostra Realismo Maquinismo Máxico e a súa vista ao redor está formada por unha vintena de óleos marcados pola pegada de autores surrealistas como Salvador Dalí ademais de reflectir a influencia doutras correntes como o pop art ou o realismo máxico.
Ao longo da súa traxectoria artística, Luis H. Hernández ten exposto as súas creacións en mostra colectivas e individuais por toda España, en lugares como Barcelona, Cáceres, Madrid ou Valladolid.
Inscricións para a inauguración
A inauguración será ás 21 horas do venres 2 de outubro, podendo asistir previa inscrición en culturaefestexos@ribeira.gal ou no teléfono 981 835 650 ata completar o aforo da sala, de 50 persoas. A mostra estará aberta ata o 31 de outubro.