O Centro de Educación Especial Amicos iniciou as súas actividades

10 Setembro 2020

O Centro de Educación Especial Amicos iniciou as súas actividades. Unha xornada especial chea de emocións despois de estar sen poder verse en persoa todos estos meses. Para este novo curso escolar o equipo de profesionais do centro traballou a reo para poder dar a atención necesaria ao seu alumnado seguindo os protocolos covid-19.

Reorganización das aulas, identificación de espazos, normas de seguridade covid (uso de máscara, hixiene de mans, distancia social, toma de constantes…), e sobre todo, adaptación personalizada para que cada un
dos alumnos/as do cole obteña a información segundo as súas
necesidades. Antes de iniciar o curso, familias e alumnos recibiron información de todas estas novas, para poder anticipar todos aqueles cambios. A través dun video, explicouse cómo se vai adaptar o cole a este novo curso escolar e qué cousas debes saber da COVID-19 (síntomas que se deben ter en conta e medidas de hixiene), así como as medidas de prevención (ventilación continua, reforza de limpeza de aseos e zonas comúns). Asemade, cada alumno recibeu un dosier personalizado onde se explicou cal será a súa aula, o seu mestre, o seu lugar de traballo e as normas de convivencia que debe ter en conta.
Neste novo curso escolar traballaran por grupos de convicencia. Trátase dun grupo estable de profesionais e alumnado que compartirá a xornada educativa, de xeito que ante un posible caso covid, poder identificar o máis rápido e efectivo posible as persoas que se poidan ver afectadas.
A través do equipo Badaboom de patios dinámicos, os recreos contan con xogos adaptados ás medidas covid; a tecnoloxía permitirá seguir en contacto con outros profesionais e facer sesións via online; coidar da natureza segue ser a paixón e compartir momentos con outras persoas, unha ilusión.
Desde Amicos este novo curso escolar invitánnos a compartir experiencias de xeito diferente: aproveitemos a tecnoloxía e non paremos de compartir.

Outros artigos

Amicos adiántase ao San Xoán cunha gran festa temática

Os e as integrantes de Amicos adiántanse un ano máis á celebración do San Xoán, cunha gran festa temática no Centro de Atención Integral de Boiro este venres, 20 de xuño. A xornada estivo chea de xogos, sorpresas e as grandes protagonistas da celebración: as sardiñas...

+

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.