O BNG proporá construír dous baños públicos en Ribeira

03 Setembro 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira anunciou esta semana que vai solicitar ao Goberno local a habilitación de dous baños públicos na cidade. A petición ten relación directa cunha demanda das veciñas e dos veciños, que lle transmitiron ao BNG a necesidade de instalar servizos públicos para, por unha banda, incrementar a hixiene nas rúas e, pola outra, dar un imporante servizo para xente maior, familias, turistas ou cidadáns en xeral.

Os nacionalistas quéixanse de que o Goberno local ignore esta demanda, cando é “unha solicitude veciñal que vén de vello”.

Para o voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, “os aseos públicos son unha necesidade básica que o concello ten que atender” e considera que Ribeira precisa dotarse de aseos públicos ao contar cunha poboación de 27.000 habitantes que se incrementa de maneira considerábel na tempada estival.

O BNG levará esta demanda á sesión plenaria do mes de setembro e proporá instalar un aseo público no entorno das Carolinas aproveitando as obras que se van realizar e outro no parque de Pedra Pateira. Os nacionalistas aclaran que estes posíbeis emprazamentos veñen dado polo importante tránsito de persoas que se dá na súa contorna, pois están en paseos marítimos e teñen a carón parques infantís. “Non só propoñemos que Ribeira teña aseos públicos que logo fiquen no esquecemento como pasa moitas veces por culpa do desinterese do Goberno local, queremos unhas instalacións coidadas e mantidas” concluíu Vázquez Cobas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.