A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á covid-19 con destino ás residencias e entidades sociais e incluíuse tamén ás escolas infantís e aos centros sociocomunitarios da área do Barbanza.
Nesta comarca a partida entregada foi de 7.200 máscaras e 5.800 luvas.
Entre o material enviado esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 23 envíos de material aos centros sociais da comarca e ás escolas infantís que iniciaron o curso, con material de protección.
Concretamente, no que levamos de crise o Goberno autonómico enviou 72.880 luvas e 58.250 máscaras, entre outros materiais, á área do Barbanza.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Ambar conmemora na Pobra o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional
O vindeiro martes 3 de decembro a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional conmemorará na Praza Maior Alcalde Segundo Durán da Pobra, o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. A xornada comezará sobre as 10:30h da mañá, e nela...