O 1 de outubro cambia a frecuencia de emisión das canles da TVG en Arousa Norte

30 Setembro 2020

O próximo mércores 30 de setembro desconectaranse as antigas frecuencias da TDT en Galicia.

A partir do día 1 as canles da TVG, TVG2 e as de HD da canle autonómica, así como as portadoras da Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio pola TDT que se sintonizan por Pontevedra, cambiarán e pasarán á nova frecuencia a 37. Este cambio afectará as antenas dos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Dodro que reciben o sinal por Domaio.

Se vive nunha casa pode facelo pola súa conta. Só ten que resintonizar a canle da súa televisión de modo automático ou manual. Se vive nun edificio a Comunidade debe contactar cunha empresa instaladora autorizada para adaptar a antena colectiva, despois terá que resintonizar o seu televisor.

O goberno dispuxo de axudas para sufragar o gasto do cambio de antena no seu edificio de ata 260,75 euros. Pode informarse no 910 88 98 79, www.tdtgalicia,gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.