Novo número da nosa revista mensual “O Barbanza”

10 Setembro 2020

O Grupo Código Cero publica un novo número da revista mensual O Barbanza, que nesta ocasión chama á solidariedade na comarca como reacción ante o impacto da COVID-19 durante os meses de verán.
O número 13 da revista O Barbanza tamén dá conta das festas patronais de Santa Uxía, do Nazareno na Pobra do Caramiñal, aborda o novo espazo de coworking na Pobra, a posta en funcionamento da plataforma de comercio electrónico Ribeira Store e da ampliación do prazo de presentación de propostas para o Emprende Lab Barbanza. As súas páxinas recollen información do novo marketplace de Rianxo a da celebración da XIV Regata GADIS convocada polo Club Náutico e Deportivo de Ribeira

Falamos cos presidentes das Asociacións de Empresraios que analizan os puntos fortes e febles do Barbanza contra a crise e charlamos co Presidente do Club Naútico de Ribeira, José Luis Torres Colomer e coñecemos tamén a nova páxina web de CONGALSA para a venda de produtos saudables.
Cunha tirada de 7.000 exemplares a revista pode atoparse de balde en formato físico en numerosos locais da comarca, sendo tamén posible a súa consulta en liña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.