Noia inicia este luns a campaƱa marisqueira

13 Setembro 2020

O alcalde de Noia, Santiago Freire, vén de supervisar os últimos detalles das obras de remodelación e ampliación da lonxa do Testal executadas pola empresa Tragsa de cara Ô apertura da campaña marisqueira este luns. Unhas instalacións nas que a Consellería do Mar vén de investir preto de 600.000 euros e que serÔn visitadas polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, este luns 14 de setembro, Ôs 11:30 horas.
ā€œTrĆ”tase dunha actuación moi demandada na que a ConsellerĆ­a do Mar asumiu en solitario un investimento próximo aos 600.000 euros e que ten como obxectivo favorecer as condicións laborais dun colectivo tan importante para Noia e a nosa contorna como son os mariscadores
e mariscadorasā€, explica Freire Abeijón.

As obras supuxeron unha fonda remodelación destas instalacións, que redundarÔn na mellora das condicións de illamento, impermeabilidade e climatización do inmoble. Así mesmo, mellorouse a cuberta do edificio, a accesibilidade das instalacións e a distribución dos espazos interiores, coa instalación de sumidoiros que facilitarÔn o desaugue no proceso de limpeza.

ā€œNas próximas semanas montarase o graderĆ­o para que todas as persoas que o desexen poidan seguir o proceso de clasificación e procesado do berberecho de Noia, o que estou seguro que serĆ” un importante atractivo turĆ­sticoā€, indica o alcalde noiĆ©s, quen aproveitarĆ” a visita do presidente autonómico para agradecer o compromiso da Xunta cun sector do que
dependen mƔis de 1.500 familias do municipio.

Outros artigos

En servizo o novo edificio de departamentos do porto de Rianxo

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ven de investir preto de 2 millóns de euros na construción do novo edificio dedepartamentos para usuarios no peirao de Rianxo. Así o comunicou esta mañÔ o titular do departamento autonómico, Alfonso Villares, nunha...

+


Publicidade



Revista en papel



Opinión

“IdeologĆ­a, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“IdeologĆ­a, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. LuĆ­s Celeiro

“O primeiro paso”. LuĆ­s Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre Ć© o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. MarĆ­a Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,ā€œvaiche boa!...