Noia e Dodro entre os concellos que se beneficiarán das axudas da Xunta para a mellora dos arquivos

04 Setembro 2020

Diario Oficial de Galicia vén de publicar a a resolución das axudas destinadas ao mantemento e mellora de arquivos da que se beneficiarán 19 concellos e sete entidades sen ánimo de lucro. Con esta convocatoria a Xunta de Galicia colabora no financiamento de actividades relativas á organización arquivística, en particular, a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos de tal xeito que acaden unha mellor xestión documental e arquivística, ao tempo que impulsa a protección, investigación e difusión cultural.

Así, os concellos beneficiarios da provincia da Coruña son Mañón, Cedeira, A Baña, Carnota, Ordes, Noia e Dodro. No tocante a entidades sen ánimo de lucro, os adxudicatarios son a Fundación Exponav, a Asociación de Amigos Fefiñáns, o Arquivo Histórico-Diocesano Tui-Vigo, a Fundación Isla Couto, a Confederación Espeología, a Fundación Vicente Risco e a Fundación Luis Tilve.

A tramitación desta convocatoria estivo suspendida por mor do estado de alarma xerado a causa da crise sanitaria ocasionada polo coronavirus, polo que a Xunta de Galicia ampliará o prazo de xustificación dos proxectos subvencionados ata o 15 de novembro, feito que é publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Cómpre lembrar que os arquivos custodian documentos como testemuño e garantía de dereitos e deberes das institucións e dos cidadáns como fonte de información para a xestión administrativa e a investigación, sendo a súa función a de conservar e servir os documentos.

View of large amount of documents, newspapers, and books in classic library. A magnifying glass seen on top of an open book on desk. No people are seen in frame. Shot with a medium format camera.

Outros artigos

Mércores 21 con ceos nubrados, choivas e forte vento

Galicia quedará este mércores 21, Santa Inés, baixo a influencia das baixas presións, cunha situación meteorolóxica marcada polos ventos de compoñente oeste. Agárdase unha xornada de ceos nubrados, con precipitacións máis frecuentes e intensas na metade oeste do país,...

+

Ampliada a todo o litoral galego a alerta vermella na costa da Coruña

Debido ás alertas laranxa e vermella, a Secretaría  Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados segundo as previsións dos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lonxe”. Xulio Xiz

“Lonxe”. Xulio Xiz

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos. Combaten os tractores - de última xeneración ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.