Na Pobra efectuada a plantación dun acivro con motivo da campaña “Unha árbore por Europa”

01 Setembro 2020

O xardín da casa da cultura Raquel Fernández Soler conta cunha nova especie botánica despois de que no día de onte, luns 31, se procedese á plantación dun acivro. A dita acción adscríbese á iniciativa Unha árbore por Europa, promovida polo Equipo Europa e apoiada polo Parlamento europeo, a cal tenta implica-la xente na toma de decisións en sustentabilidade local.

Plantación dun acivro con motivo da campaña “Unha árbore por Europa”

Constitúe así unha das numerosas propostas nas cales se atopa inmerso o
Concello da Pobra do Caramiñal en materia medioambiental e que buscan o
compromiso da cidadanía e das administracións públicas para loitar contra o cambio climático.
A especie elixida foi o acevo (Ilex aquifolium), que se caracteriza polas súas
follas duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito de cor vermella e tronco de cor clara. A súa madeira empregábase para face-los mangos das
ferramentas. Na natureza non está permitido cortala ou arrincala, pois os seus froitos serven de fonte de alimento para numerosos animais durante o inverno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.