Na Pobra a praia dos Raposiños volve estar aberta ao baño

04 Setembro 2020

A Consellaría da Sanidade acaba de confirmar que a contraanálise practicada sobre a praia dos Raposiños reflectiu uns datos nos cales os niveis volven se-los habituais sen supoñer ningún perigo para a saúde das e dos bañistas que asisten a este areal. Deste xeito, resultou ser un feito puntual producido pola vertedura de augas fecais, cuxa orixe será investigada.
Estas análises efectúanse por parte da Administración autonómica dentro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño en Galicia. Constitúen así unas probas rutineiras coas cales coñece-la calidade das augas e avalia-la súa evolución no tempo. Concretamente, na Pobra do Caramiñal practícanse mostraxes en 6 areais.
Cómpre lembrar que o cómputo total das análises realizadas na praia dos
Raposiños propicia que a súa cualificación sexa “Excelente”. Todos estes datos son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental.

Praia dos Raposiños en A Pobra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.