Medio Ambiente insta a non interactuar co arroaz solitario da ría de Muros-Noia


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pide ós curiosos a non interactuar co arroaz solitario avistado na ría de Muros-Noia.

Este exemplar de ‘ Tursiops truncatus’ foi avistado xa hai varios meses por mariñeiros que estaban a faenar nas augas da ría, e a situación de illamento na que se atopa e a soidade fai que aumente a curiosidade polas actividades humanas.

Neste sentido, a Xunta lembra que se trata dun animal silvestre e non unha mascota, polo que se debe evitar interactuar con el e non ofrecerlle comida, meterse na auga ao seu lado nin entrar no seu radio de contacto.

No caso de estar nunha embargación, ínstase a non aproximarse nin interromper o seu comportamento, senón adoptar unha posicición neutral e indiferente #ante a presenza do animal e evitando cambios bruscos.