Mar e Medio Ambiente presentan unha campaña a prol dos mares limpos: Bye, bye plástico

04 Setembro 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, presentan a campaña de concienciación medioambiental Bye, Bye plástico.

As Consellerías de Mar e de Medio Ambiente presentaron este unha iniciativa directamente encamiñada a frear presenza de residuos plásticos no mar, achegando concienciación sobre un problema que nos afecta a todas e todos e que, de non sermos quen de cambiarlle o rumbo, chegará ao punto de crear en poucos anos uns océanos máis cheos de plásticos que de peixes. As conselleiras Ángeles Vázquez (Medio Ambiente) e Rosa Quintana (Mar) debullaron en Santiago os detalles da campaña Bye, bye plástico, que ten, entre outros obxectivos, o cometido de sensibilizar á cidadanía para crear un gran colectivo implicado na loita contra este tipo de residuos.

A iniciativa márcase estas metas coa finalidade de contribuír a frear datos preocupantes como que nos últimos dez anos produciuse en todo o mundo máis plástico que en toda a historia da humanidade ou que nove millóns de toneladas de residuos plásticos (dos que un 80% proceden de terra) acaban cada ano nos océanos do planeta. Segundo fixeron saber, trátase de refugallos “que poden tardar varios séculos en degradarse e desaparecer e que xa provocaron a formación de cinco illas xigantes de plástico nos nosos océanos, unha delas 50 veces máis grande que Galicia”.

A campaña busca viralizar a mensaxe nas redes sociais -a través de Facebook, Twitter e Instagram- e fomentar a participación da poboación mediante un discurso positivo e consellos prácticos arredor da importancia de reducir, reutilizar e reciclar os plásticos ao tempo que se desbotan os residuos de xeito responsábel.

No transcurso da presentación da campaña, a conselleira de Medio Ambiente en funcións, Ángeles Vázquez, aproveitou para recordar a necesidade de depositar no contedor verde xenérico as máscaras e as luvas, que por mor da COVID-19 son necesarias no noso día a día.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

Hay gobiernos que pasan a la historia por sus reformas, otros por sus crisis y algunos, los más cínicos, por su habilidad para llamar “normalización” a lo que es claudicación. Pedro Sánchez parece decidido a inscribirse en esta última categoría con una perseverancia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.