Lousame acolle este sábado 26 un obradoiro musical e sensorial para bebés

21 Setembro 2020

O Concello de Lousame organiza este sábado 26 de setembro un obradoiro para bebés dirixido por Esperanza Mara: unha actividade de desenvolvemento e adestramento creativo que mestura arrolos de tradición oral e estimulación sensorial dos pequenos. A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente na Casa da Cultura ou chamando ao 981 825 780.

O obradoiro está dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. Celebrarase o sábado 26 de setembro, ás 12.00 horas, na Casa da Cultura de Lousame e terá unha duración aproximada de 50 minutos. Esperanza Mara explica que “o ideal sería manter contacto cos bebés pero agora é imposible polas circunstancias que estamos vivindo, polo que a actividade será guiada e mesturaremos exercicios de estimulación sensorial con cantos de arrolar”.

Xogando coa música

Este novo obradoiro para bebés organízase tralo éxito de participación acadado o pasado venres pola cita Xogando coa música, tamén en Lousame e tamén dirixida por Esperanza Mara, unha actividade na que participaron 15 nenos e nenas maiores de 3 anos. Aínda que inicialmente o obradoiro estaba pensado para acoller a unha decena de crianzas, finalmente cambiouse de sala para que os outros cinco pequenos tamén puideran participar.

Un intre do obradoiro Xogando coa música celebrado a pasada finde en Lousame

Xogando coa música consistiu nun contacontos para a cativada inspirado na historia dunha soprano que non é quen de cantar logo de que un neno se rira dela en público. Coa axuda da serea Medea e da rapazada lousamiá, conseguiu volver a cantar. “A mensaxe era que a rapazada entendera que hai que facer o que máis nos guste, aínda que alguén se ría de nós. E os nenos e nenas de Lousame prometeron que aínda que se rían deles, sempre van facer aquilo que máis lles guste”, explicaba Esperanza Mara.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

El Gobierno español, con el presidente de Andalucía y SS. MM. los Reyes de España, habían llegado a un acuerdo para hacer un Funeral de Estado el 31 de los corrientes, a modo de una especie de homenaje a las víctimas del accidente ferroviario de Adamuz. Por su parte,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.