Inaugurada a mostra Paixón Agochada de Fran Gess no Centro Social de Cabo de Cruz

02 Setembro 2020

O Centro Social de Cabo de Cruz acolle durante o mes de setembro unha mostra de pintura, Paixón Agochada, de Fran Gess, que vai estar na sala de exposicións durante todo o mes. A apertura oficial da mostra celebrouse este martes día 1 de setembro, ás 19.30 horas. Asistiron o propio artista e a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Fran Gess é un creador boirense que comezou no mundo do debuxo e a pintura de maneira autodidacta, recibiu clases e presentouse a varios certames. Conta cunha gran cantidade de obras que agora saca á luz por primeira vez baixo o nome de Paixón Agochada. A mostra recolle imaxes de diversas temáticas, pero son predominantes os motivos mariñeiros e as paisaxes que teñen o mar como protagonista. Unha parte das pezas en exhibición viu a luz a durante o confinamento.

A mostra poderá verse desde o día 2 de setembro, e durante todo o mes, no Centro Social de Cabo de Cruz, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.