Galicia detecta 256 novos positivos, e os casos activos suben ata 4.082. Na área hai 673 activos

Na área sanitaria Santiago-Barbanza hai 673 Casos activos, dos cales 13 están no Hospital Clínico de Santiago (1 deles nunha Unidade de Críticos). Hai 1.993 pacientes curados e realizaronse 54.606 PCR.
Esto supón 44 novos casos e 30 altas nas últimas horas.

Con respecto complexo deportivo de Santiago:o Gromo está controlado. Todas as PCRs realizadas nas últimas horas a usuarios e traballadores tiveron resultado negativo.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.082 deles 1.445 son da área da Coruña, 796 da de Lugo, 412 da de Ourense, 279 da de Pontevedra, 327 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 171 en unidades de hospitalización e 3.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.200 persoas curadas, rexistrándose 656 falecementos. As catro últimas persoas falecidas foron dúas mulleres de 84 e 62 anos, que estaban ingresadas no HULA e no CHUAC, respectivamente; e dous homes de 88 e 59 anos, ambos ingresados no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 354.273.