Galicia chega ós 705 mortos por Covid-19 . Na área Santiago- Barbanza baixan os activos a 631 persoas

18 Setembro 2020

Na área sanitaria Santiago- Barbanza hai 631 casos activos, catro menos que onte. Os Hospitalizados baixan tamén e chegan a 30 no Hospital Clínico de Santiago (2 deles nunha Unidade de Críticos). En canto ós pacientes curados elevanse a 2.642 e realizaronse 63.937 PCRs.

Galicia rexistra un total de 4.317 casos activos por coronavirus.
En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.317 deles 1.237 son da área da Coruña, 745 da de Lugo, 511 da de Ourense, 611 da de Pontevedra, 406 da área de Vigo, 631 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 209 en unidades de hospitalización e 4.076 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.297 persoas curadas, rexistrándose 705 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron, un home de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Lucus Augusti e un home de 86 anos que estaba ingresado no CHUAC. Os dous presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 416.411.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.