Familias de Ribeira pendentes de desafiuzamento

25 Setembro 2020

Esta mesma semana chegaron á Plataforma “Stop Desafiuzamentos” Barbanza, dúas familias de Ribeira por problemas coa súa vivenda habitual. Unha delas por unha execución hipotecaria do BBVA, a través do Xulgado número 1 e que establecen a data do DESAFIUZAMENTO para o día 26 de novembro do ano en curso. Neste caso concreto trátase dun matrimonio de octoxenarios que desexan poder continuar na vivenda habitual por iso é polo que se comezan coas negociacións coa entidade financeira ao obxecto de que poidan seguir na vivenda, ata o seu falecemento, e que logo o inmoble recaia a favor do banco. A avanzada idade e os problemas de saúde sería algo moi prexudicial para ambos os cónxuxes se se visen obrigados a abandonar a vivenda.

Por outra banda e en relación á outra familia trátase dunha reclamación por “DESAFIUZAMENTO PRECARIO”, pola falta de pagamento das rendas do aluguer, iniciada por parte dun particular (gran garfo) a través tamén do Xulgado número 1 de Ribeira e que teñen sinalado para o mes de decembro o seu desaloxo. A familia pretende solicitar as axudas correspondentes, desde os servizos sociais e a Xunta de Galicia, para un posible REALOXAMENTO, ante a precaria situación familiar.

Outros artigos

O director xeral de Inclusión Social visita Amicos

Varias persoas participantes nos itinerarios de orientación laboral desenvolvidas por Amicos, asociación inclusiva da nosa comarca, recibiron na mañá deste 16 de abril a visita do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. No centro boirense recibírono o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

Con el corazón en puño seguimos durante diez días la operación Ártemis II. Cuatro adultos pasaron diez días volando a cuarenta mil kilómetros por hora metidos en un cuartucho de seis metros de diámetro; y no se pelearon durante el viaje. Para que eso fuera posible...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.