En Ribeira convocadas as probas de acceso ao conservatorio “Enrique Paisal”

02 Setembro 2020

O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira ‘Enrique Paisal’ anuncia que, con motivo da posta en marcha dun novo curso, o vindeiro martes día 8 ás 10 horas terán lugar as probas de acceso ao 1º curso de grao elemental: unhas probas que en condicións normais terían lugar no pasado xuño pero que houbo que adiar dadas as circunstancias extraordinarias que estamos a vivir.
Ademais, as probas de acceso aos outros cursos, tanto do grao elemental como profesional, serán o xoves día 10 a partir das 16 horas. Para estas últimas probas é imprescindible a formalización dunha matrícula e ol prazo estará aberto ata o día 8.
Cómpre informar tamén de que hoxe martes terán lugar as probas extraordinarias de materias pendentes do curso 2019-2020.
Protocolos covid
En todos os casos aplicaranse un protocolo covid que inclúe, por exemplo, a utilización de máscaras, a hixienización de mans (colocáronse dispensadores á entrada e en todas as aulas), o mantemento da distancia de seguridade e a entrada ao centro só do alumnado unha vez chamado.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Todos ou ninguén. Non se sabe quen perdeu as eleccións e tampouco se sabe como será o asuntodespois dos pactos, dos acordos, de cumprir e de renunciar. Todo está no aire, aclarando queaqueles, aos que lles gusta non asentar os pés na terra, están de noraboa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.