En Ribeira arde completamente un coche novo no Malecón e causa danos a outros dous

18 Setembro 2020

Un vehículo ardeu completamente pasadas as 11 da mañá en pleno centro urbano de Ribeira. O coche conducido por unha muller empezou a botar fume polo motor e en poucos minutos queimouse completamente. O lume foi acompañado por pequenas explosións o que alarmou ós transeúntes. De establecementos cercanos acudiron persoas con extintores pero a rapidez do incendio non logrou evitar que quedara completamente calcinado. Trátase dun Citroen con matrícula nova de apenas 20 días. A conductora sufriu un ataque de pánico ante a situación completamente inexperada.

Momento do inicio do lume no coche. CPF

Inmediatamente acudiron ao lugar os vehículos de emerxencia (GAEM, Policía Local,Policía Nacional, Policía Portuaria e Bombeiros de Ribeira). Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin foi preciso que concorrese ningunha ambulancia do 061, aínda que o incendio si ocasionou danos materiais en dous vehículos aparcados nas inmediacións. Foi preciso desviar o tráfico polo carril interior do porto e pola rúaCanarias en tanto se desenvolveron os labores de control da situación e posterior limpeza.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.