En Ribeira a Xunta asesora a 30 persoas de cara as competencias do oficio de redeiras

12 Setembro 2020

A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, dependente da Consellería do Mar, acolleu nos últimos días as probas de avaliación para o recoñecemento das competencias profesionais do oficio de redeiras. Este procedemento, no que participan preto de 30 persoas, ten como obxectivo acreditar a experiencia adquirida na confección e mantemento de artes e aparellos de pesca e enmárcase na convocatoria deste ano da Consellería de Emprego e Igualdade para o recoñecemento oficial de competencias adquiridas en diferentes ámbitos profesionais.

A fase de avaliación, realizada durante catro días na recentemente inaugurada aula de pesca sostible e responsable da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira, contou por primeira vez con dúas redeiras entre os integrantes da comisión de avaliación e ten como finalidade comprobar se as persoas candidatas demostran a competencia profesional requirida pola
cualificación profesional. Para iso incluíu a simulación de tarefas en situacións reais de traballo, probas de competencia profesional e entrevistas profesionais, entre outras.
Ademais para a avaliación tense en conta a fase previa de asesoramento que inclúe este proceso na que se facilita información sobre o sistema nacional de cualificacións e as directrices para xustificar a competencia profesional e entrevistas persoais individuais das persoas candidatas.
Unha vez remate a avaliación, a seguinte e última fase deste procedemento é a expedición por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da acreditación das competencias nas que as persoas participantes no proceso demostraron a súa competencia profesional e, no seu caso, a expedición do correspondente certificado de profesionalidade. Esta acreditación terá
carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e contribúe ao progreso laboral das persoas dedicadas á confección e mantemento de artes e aparellos de pesca.
Este procedemento responde a necesidades ou demandas de acreditación, por tratarse dunha actividade regulada por normativas que establecen que por razón de saúde e seguridade, para garantir un bo servizo aos usuarios ou clientes, será requisito imprescindible para desempeñar a ocupación ou profesión posuír un título ou certificado de profesionalidade que acredite a súa cualificación profesional.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

Digo "dolorosamente" por haber llegado a esta triste situación, y emocionante, al ver salir en mil ciudades de EE UU, gentes de toda condición, a la calle defendiendo sus derechos. A Abraham Lincoln se le atribuye la famosa frase: "Puedes engañar a todo el mundo algún...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.