
Axentes da Policía Local de Rianxo e bombeiros do parque boirense interviñeron nun accidente que se rexistrou na estrada de Ourille esta mañá. Un Fiat Punto saíuse da calzada e acabou semivolcado. A pesar do aparatoso do suceso, o condutor e único ocupante do coche logrou saír polo seu propio pé. Foi trasladado a un centro sanitario xa que presentaba pequenos cortes.