En marcha un portal que visualiza o traballo das mulleres no mar: Sereasdomar.org

02 Setembro 2020

As entidades Fundamar (Fundación para a Pesca e o Marisqueo) e Funpromar lanzaron estes días o portal do seu proxecto Sereas, www.sereasdomar.org, a vertente máis tecnolóxica dunha iniciativa divulgativa encamiñada, nas súas palabras, “a descubrir, transmitir e valorizar o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro”.

O proxecto Sereas comezou en 2017 da man das ditas entidades, poñendo en xogo unha marca que adica esforzos a visualizar o traballo das mulleres vencelladas ao mar, “unha parte esencial do patrimonio inmaterial do sector”, explican.

O Ministerio de Cultura e Deporte, a través da convocatoria de axudas para proxectos de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, apoiou a iniciativa de desenvolver o portal dixital de Sereas para a súa difusión e dinamización.

Amais dos devanditos obxectivos, co sitio en liña acabado de estrear búscase reflictir “as historias das mulleres” ao tempo que se contribúe a proporcionar “fontes sólidas de información para configurar a historia esquecida, compondo personaxes para recuperar a memoria do traballo feminino desde o pasado até a actualidade”.

O portal será presentado de maneira oficial nunha xornada a finais do mes de outubro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.