En Boiro remata o curso de Produción de Festivais Musicais

03 Setembro 2020

A Fundación Paideia Galiza desenvolveu este verán no Centro Social de
Boiro un curso de Industria Musical para a Produción de Festivais Musicais. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitou esta mañá ao alumnado que
participa xunto coa xerente da asociación Deloa, Paca Gago.
O curso, que está a piques de rematar, comezou no mes de xullo e
realizouse en Boiro e tamén na Pobra. A actividade, destinada a mocidade
entre os 16 e 29 anos inscritos en garantía xuvenil, está cofinanciado polo
Fondo Social Europeo; o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; e a
Asociación de Desenvolvemento Local Deloa. Nel os asistentes aprenderon
sobre o proceso de xestión dun evento musical, dende a programación,
contratación, marketing para difusión…

Fundación Paideia

Ademais o alumnado recibe formación individual para adquirir
competencias xenéricas á hora de saír ao mercado laboral, para favorecer o
seu desenvolvemento persoal e potenciar as súas competencias individuais. O alcalde tivo oportunidade esta mañá de conversar co alumnado que vai finalizar nos vindeiros días este curso de formación e de comprobar os avances que deron na produción de festivais musicais.

Fundación Paideia

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.