Educación atrasa o inicio de curso ante o caos dos protocolos

A Consellería de Educación atrasa unha semana o comezo do curso en Secundaria, Bacharelato e FP. As clases arrincarán o 23 de setembro e non o día 16 como estaba previsto. O novo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, aplica esta medida ante as queixas dos institutos, que reclamaban tempo para poder aplicar os protocolos de prevención do Covid-19.

Os institutos trasladaran ao Goberno galego as dificultades para adaptar os espazos, así como para organizar os horarios e os grupos ao carecer de toda a información sobre os docentes que se incorporarán aos centros para desdobres.

Rodríguez xustificou o atraso por “problemas organizativos” e co obxectivo de “converter os espazos educativos en espazos seguros #ante o Covid-19” e poder cumprir o metro e medio de distancia de seguridade.