CONGALSA lanza unha web de novos produtos saudábeis para o consumidor dixital: Ibercookfunfood.com

04 Setembro 2020

A empresa de alimentación CONGALSA, con sede de operacións na Pobra do Caramiñal, encara esta recta final do verán con novidades relevantes ligadas á innovación e ás tecnoloxías. Así, logo de ser recoñecida por segundo ano consecutivo no Informe Ardán da Zona de Franca de Vigo (nas categorías de empresa xeradora de riqueza e empresa innovadora), a compañía de produtos do mar anunciou este setembro a posta en marcha dunha nova web para “o consumidor dixital”. Trátase de Ibercookfunfood.com, un sitio web que serve de referencia internacional á marca Ibercook Fun Food, unha gama de produtos na que a empresa pobrense aposta por “novos e mellores alimentos para gozarmos na casa”.

O lanzamento da gama deu comezo coa publicación da devandita web, dispoñíbel en español e inglés, a través da cal os seus usuarios poden ir descubrindo todas as novidades da marca. O redeseño, en palabras de CONGALSA, salienta por mostrar unha feitura “máis informal e desenfadada”, dúas características que constitúen as claves de comunicación da gama, tanto no packaging como nas accións promocionais, co obxectivo posto “nun target máis novo”.

Segundo explica a empresa da Pobra do Caramiñal, “a través desta liña dirixímonos a un comprador cada vez máis habitual da categoría de conxelados, que busca alimentos saudábeis, doados e convenientes, pero tamén preocupado por realizar unha compra máis eficiente e con reducir a presenza do desperdicio alimentario”, destaca Julio Simarro, director Comercial e de Mercadotecnia da compañía, poñendo o foco na relación calidade-prezo inmellorábel da nova proposta.

O afianzamento no mercado da gama Ibercook Fun Food virá acompañado dun traballo intenso nas redes sociais, que son ferramentas de uso común en CONGALSA e coas que se pretende, novamente, axudar aos consumidores a descubrir os beneficios de incluír os produtos conxelados na súa cesta da compra e como poden gozar nas súas casas das receitas dunha gama de produtos en expansión.

A nova gama está composta por “pratos moi coñecidos polo consumidor, con receitas melloradas que permiten o seu cociñado ao forno para reducir o consumo de graxas e garantir unha dieta equilibrada”, explica a compañía, destacando produtos populares “da casa”, como a pescada ao ovo, elaborada con filetes de pescada MSC, ou as empanadillas para forno, aos que se engaden novas propostas influenciadas polas tendencias en restauración. Por exemplo as empanadillas de pizza ou tex-mex ou o toque cajún dos lagostinos crunchy. A gama tamén terá en conta “momentos clave da tempada” como o Nadal, incluíndo o lanzamento de produtos concibidos para ocasións máis especiais como o gambón en tempura.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.