CONGALSA dá un salto adiante en capacidade frigorífica

14 Setembro 2020

A Corporación Empresarial CONGALSA, con sede principal na Pobra do Caramiñal, vén de informar do “importante salto cualitativo” que vén de dar o grupo en capacidade frigorífica tralo investimento de máis de dous millóns de euros en ampliar as instalacións de Fricosim, no Polígono da Tomada (A Pobra).

Segundo fixo saber CONGALSA, a previsión é que as novas dependencias, operativas dende principios da semana pasada, “alcancen o seu máximo de ocupación entre setembro e outubro grazas aos diferentes compromisos xa adquiridos coas empresas do Barbanza ás que dará servizo”.

A ampliación de Fricosim permitiu habilitar unha nova cámara frigorífica, cun volume de frío de 18.200 metros cúbicos. Con esta obra, a capacidade total das instalacións frigoríficas de Fricosim (en Ribeira e na Pobra do Caramiñal) ascende a 59.780 metros cúbicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.