Clausura do campamento de conciliación da Pobra

09 Setembro 2020

Hoxe chegou á súa fin o campamento de conciliación que se estivo desenvolvendo ao longo de todo o verán e ata a véspera do inicio do curso escolar. Para tal ocasión, os pequenos e pequenas realizaron diversas actividades como, por exemplo, ve-la película de Coco e face-la maqueta dun rinoceronte. O dito servizo prestouse no C.E.P.
Salustiano Rey Eiras, posto en marcha por quinto ano a través da Concellaría da Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal. Ademais, incluíu o Servizo de Madruga e comedor para lles dar maiores facilidades ás familias usuarias.
No que respecta ao seu funcionamento, este campamento, o cal durante toda a época estival contou con 65 nenos e nenas, non se limitou unicamente á localidade, pois tamén puideron facer uso del familias de municipios limítrofes e, incluso, aquelas que viñeron gozar da comarca.
Xunto coas cinco monitoras e o coordinador, os cativos e cativas, con idades
comprendidas entre os 3 e 12 anos, desenvolveron diversas actividades cunha vertente educativa e lúdica adaptada a cada rango de idade.
Cómpre lembrar que, a maior parte do tempo, sempre que a climatoloxía o
permitía, as propostas estaban focalizadas en aularios exteriores para evitaren permanecer en espazos pechados por mor do coronavirus. Unicamente se desprazaban ao interior do centro educativo para faceren uso da Internet e das tablets. Estes 20 dispositivos adquiridos pola Administración local permitíronlles socializar a través de xogos de mesa e de lóxica, todos eles virtuais.
Seguindo o protocolo de seguridade establecido por mor da COVID-19
empregouse en todo o momento a máscara e mantívose a separación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.